22 DE DECEMBRO



Grazas de corazón a todas e todos os que colaborastes vendendo a lotaría de Nadal. Cada participación, cada conversa e cada minuto que dedicastes fixeron posible que, un ano máis, sigamos construíndo comunidade e impulsando proxectos que melloran o día a día das nosas familias.

Queremos facer un agradecemento moi especial a todas as persoas e establecementos que nos axudaron coa venda: CEIP San Miguel de Reinante, Farmacia S. Miguel, Peluquería Anabel, Peluquería Oliva, Miropan, YenkaA Curva, Galaxia, Nazaret, Sandra, Maira, e todas aquelas persoas que, dun xeito ou doutro, puxestes o voso gran de area. Grazas pola vosa implicación, pola vosa dispoñibilidade e por manter viva esta tradición que tanto nos axuda. Sen vós, isto non sería posible.


E ademais… mañá é 22 de decembro. O día grande. Ese no que todo pode pasar e no que, quen sabe, igual nos toca o Gordo. A ilusión tamén forma parte deste camiño, e compartila convosco é un auténtico privilexio.



Sigamos así, con unión, entusiasmo e ganas de seguir creando cousas boas xuntas e xuntos. O mellor do noso proxecto é, sen dúbida, a xente que o fai posible.

Grazas .

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ÁRBOL SENLLEIRA SANTIAGO DE REINANTE

SAIDA PARA FACER PAN