22 DE DECEMBRO
Grazas de corazón a todas e todos os que colaborastes vendendo a lotaría de Nadal . Cada participación, cada conversa e cada minuto que dedicastes fixeron posible que, un ano máis, sigamos construíndo comunidade e impulsando proxectos que melloran o día a día das nosas familias. Queremos facer un agradecemento moi especial a todas as persoas e establecementos que nos axudaron coa venda: CEIP San Miguel de Reinante , Farmacia S. Miguel , Peluquería Anabel , Peluquería Oliva , Miropan , Yenka , A Curva , Galaxia , Nazaret , Sandra, Maira , e todas aquelas persoas que, dun xeito ou doutro, puxestes o voso gran de area. Grazas pola vosa implicación, pola vosa dispoñibilidade e por manter viva esta tradición que tanto nos axuda. Sen vós, isto non sería posible. E ademais… mañá é 22 de decembro . O día grande. Ese no que todo pode pasar e no que, quen sabe, igual nos toca o Gordo . A ilusión tamén forma parte deste camiño, e compartila convosco é un auténtico privilexio....